3 de maio de 2013

OS MAIOS

Xa estamos a 3 de maio e nestos días, os nenos e nenas de Sedes aprenderon unha canción sobre "OS MAIOS".
Esta canción é típica da miña vila ( Lourenzá). Os nenos e nenas laurentinos saen ás rúas, preparados para que os veciños/as da vila lles tiren caramelos, cartos, laranxas, noces... , dende as súas fiestras,pero non sen antes cantar a canción que vos vou a escribir. Acompañando aos nenos e nenas vai unha persoa disfrazada de xesta (representando o maio), outra de madalena e un burro todo decorado de flores.
Aquí vai a canción:

AHÍ VÉN O MAIO
COAS SÚAS FLORES
AHÍ VÉN A MADALENA
CON OUTRAS MELLORES
LEVANTATE BURRO
QUE TANTO DURMICHES
QUE XA PASOU O MAIO
E TÚ, NON O VICHES.

Os nenos/as de Sedes, cantarán a canción o 23 de maio, aproveitando que vamos a facer no patio da escola "O MAIO". Este día, tamén confecionaremos colares ou coroas con pampillos que van a traer os seus pais.

PAMPILLO

Ningún comentario:

Publicar un comentario