10 de feb. de 2014

ANXO MOURE

Outro ano máis tivemos o pracer de recibir na escola a Anxo Moure. Levounos ao mundo máxico dos contos onde existían lobos, barqueiras, pescadoras... Grazas Anxo pola túa maxia!









2 de feb. de 2014

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Durante toda a semana estivemos a facer diferentes traballos. Por un lado coñecimos a figura de Nelson Mandela: onde naceu, a súa loita pola igualdade, a súa labor como presidente...







Coñecimos unha árbore autóctona africana, o baobab. Aproveitamos e fixemos un baobab da paz entre todos e tamén un en pequeno para cada un de nós.








                       


                        
    
                      

                          

                      

                      

                                                 






E por último, coa axuda da profe Olga, aprendimos unha canción nova "O xogo da Carrasquiña". Ao principio, podíanos a vergonza pero logo pasámolo moi ben, sobre todo cando a profe deixou de gravar!!!!