22 de dec. de 2012
20 de dec. de 2012
CALENDARIO 2012/2013
ESTE CALENDARIO FOI FEITO POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. UN TRABALLO QUE LEVOU TEMPO PERO O RESULTADO FINAL MERECE A PENA. FELICITACIÓNS.
CIENTIFICOS POR UNS DÍAS
ESTE É UN PEQUENO RESUMO DO TRABALLO QUE OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE SEDES FIXERON ,TENDO COMO CENTRO INTERESE AS CIENCIAS ( CIENTÍFICOS, EXPERIMENTOS, VOCABULARIO...)
19 de dec. de 2012
PAPÁ NOEL
NUNHA CARTOLINA BRANCA DEBUXARON A SÚA MAN. LOGO DE RECORTAR, PEGARON O GORRO DE PAPÁ NOEL, OS OLLOS, O ALGODÓN E A GOMA EVA. DESPOIS FIXÉMOSLLE O BIGOTE E POR ÚLTIMO PEGOUSE NUNHA CARTOLINA AZUL E CUNHA ESPÁTULO, MARCARON PUNTOS BRANCOS CON PINTURA LÍQUIDA. A QUE ESTÁN MOI BONITOS?
ÁRBORE DE CORES
FIXEMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL DE CORES.
UTILIZAMOS FOLIOS DE CORES QUE DOBRAMOS COMA UN ABANICO E FUMOS PEGANDO PARA CONSEGUIR UN CIRCULO. TAMÉN EMPREGAMOS CARTOLINA MARRÓN PARA O TRONCO E PAPEL AZUL PARA A MACETA ( Á CAL LLE PUXEMOS UN LAZO DE PAPEL TRASLÚCIDO AZUL).
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
18 de dec. de 2012
MÁIS DETALLES DAS ESCOLAS
15 de dec. de 2012
DETALLE DA ESCOLA DO VAL (E.I.)
VAIA AGASALLO TAN BONITO NOS FIXERON OS NENOS/AS DO VAL ( E.I.), PARA FELICITARNOS O NADAL.
MOITAS GRAZAS PARA OS PEQUES E PARA AS SÚAS PROFES.
MOITAS GRAZAS PARA OS PEQUES E PARA AS SÚAS PROFES.
DETALLES ÁS ESCOLAS DO CRA DE NARÓN
OS PEQUENOS DA ESCOLA DE SEDES, FIXERON UN BONITO DETALLE PARA AS ESCOLAS DE PEDROSO, VAL, DOMIRÓN E CASTRO.
É UNHA ÁRBORE DE NADAL FEITA CON CORAZÓNS DE DIFERENTES TAMAÑOS E CORES. PEGÁRONNAS COMPOÑENDO UNHA ÁRBORE E LOGO COMPLETARON CUN DEPRESOR , SIMULANDO O TRONCO.
O DEPRESOR, DESPOIS, AFUNDIRONNO EN PLASTILINA PARA LOGO ENVOLVER EN PAPEL BRILLANTE E PAPEL TRASLÚCIDO AZUL.
ESTE É O RESULTADO FINAL.
DECORANDO CORAZÓNS
ESTOS CORAZÓNS FORON DECORADOS POLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE SEDES, COA AXUDA DOS SEUS PAIS E NAIS. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
14 de dec. de 2012
FESTIVAL NADAL
O VINDEIRO VENRES, 21 DE DECEMBRO FESTAXEREMOS O NADAL, NO LOCAL SOCIAL DO VAL.
CONTAREMOS CUN MALABARISTA E COA ACTUACIÓN DOS NENOS E NENAS DO CRA QUE CANTARÁN UNS VILANCICOS.
REMATAREMOS CUNHA CHOCOLATADA ( APORTACIÓN DA ANPA)
A CONTINUACIÓN PODEDES VER COMO OS NENOS E NENAS ENSAIAN UN DOS VILANCICOS, CO QUE NOS VAN DELEITAR O DÍA DO FESTIVAL.
CAMPÁS DE NADAL
OS NENOS E NENAS DE SEDES, ESTÁN A DECORAR A AULA E NESTA OCASIÓN FIXERON UNHA CAMPÁ QUE MODELARON CON MASA DE MODELAR NA QUE PUXERON UNHA VELA. LOGO PINTARON DE LARANXA. REMATARON A CAMPÁ, CON PURPURINA E UN LAZO LARANXA.
13 de dec. de 2012
ÁRBORES DE NADAL
Make your own tarjeta |
SEGUIMOS CON COUSAS DE NADAL, E NESTE CASO TOCOU DECORAR UNHA ÁRBORE CON PAPEL HIXIÉNICO (QUE PINTARON DE MARRÓN) E CON CARTOLINA BRANCA ( PINTADA DE VERDE). FINALMENTE PEGARON AS ESTRELAS E PASOUSE Á MONTAXE DUNHA ÁRBORE.
12 de dec. de 2012
DECORAMOS A ESCOLA CON MOTIVOS DE NADAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)